Comprácenos convidar á tódolos empresarios de Tui á presentación desta nova asociación o martes día 23 de xullo ás 21:30h na Macoca. 

Desde que empezamos coa idea desta nova asociación puxémonos como obxectivo traballar para impulsar a relación e convivencia do comercio local e empresas de toda índole, facendo chegar a súa voz, opinión e necesidades ás institucións locais ou autonómicas que correspondan en cada momento.

Coñeceredes hoxe á Xunta Directiva:

Raquel Alonso da empresa Cociñarte (Sector Servizo)

Carmen Alonso da empresa Entre Telas (Sector Comercio)

Julio Lage da empresa El Pórtico (Sector Hostalaría)

Manuel Rodríguez da empresa Automatismos Industriais Cerezo (Sector Industria) 

Javier Rodríguez da empresa A Macoca como Tesoureiro

Carlos González da empresa Carlos Joyero como Secretario

César Benavides da empresa CBA multimedia como Vicepresidente

Abel Vila da empresa Amazonas como Presidente

Todos nós cremos nunha asociación transparente, eficaz e profesional. Para iso comprometémonos a traballar nas diferentes áreas e proxectos que explicaremos na citada reunión. Cremos que podemos chegar a conseguir algo verdadeiramente bo deixando que a nosa pequena unión sirva de exemplo e consigamos unir a toda unha cidade.