Bos días,

O próximo venres 27 de setembro conmemorase o día mundial do Turismo, este ano baixo o lema “Turismo e emprego: un futuro mellor para todos”.

Dende o Concello de Tui sumámonos os obxetivos da Organización Mundial do Turismo e para iso queremos organizar un punto de reflexión para observar retos e oportunidades que nos brinda o  desenvolvemento turístico na nosa cidade de Tui que posúe no seu patrimonio cultural e natural un precioso recurso  o tempo que surde a necesidade de facer un turismo sustentable, que achegue beneficios a longo prazo ás comunidades locais, axudando ao seu desenvolvemento no marco que sinala a Axenda de Desenvolvemento Sostible 2030.

Dende a Concelleria de Comercio, achegamosvos a programación prevista para o día Mundial do Turismo e convidamosvos a participar deste día.