SEGURIDADE

APLÍCASE NA CORREDOIRA E NAS RÚAS AUGUSTO GONZÁLEZ BESADA, FOXO, ROSA BAHAMONDE E AS SÚAS TRAVESÍAS ONDE SE PODE ESTACIONAR GRATUITAMENTE DURANTE HORA E MEDIA

A partir do 1 de agosto, reactivarase o control na Zona Azul de Tui de estacionamento gratuíto limitado no tempo. Esta Zona Azul abrangue un centenar de prazas de aparcamento no Paseo da Corredeira, dende o cruzamento con Rosa Bahamonde até os soportais, a rúa Augusto González Besada, e as rúas Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  O estacionamento gratuíto limitado no tempo  a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21h salvo domingos e festivos, segundo se recolle na Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

A Policía Local encargaranse de controlar á Zona Azul para garantir así a mobilidade dos vehículos estacionados. Lémbrase que se debe colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.