O Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en colaboración coa Fundación Laboral da Construcción, oferta dous cursos gratuítos de Prevención de Riscos Laborais:

  • Nivel básico de Prevención de Riscos Laborais, para o sector da construcción. Duración: 60 horas presenciais
  • Prevención de Riscos Laborais para traballos de albanelería. Parte Específica. Duración: 6 horas presenciais

O curso desenvolverase nas instalacións do Centro Municipal de Formación do Concello de Tui, en Alvelos,1, Guillarei, na segunda quincena de outubro.

A duración será de 13 días, a razón de 5 horas diarias, do 14 ao 30 de outubro de luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

O número de prazas para a súa realización é de 25 persoas. A admisión do alumnado será por orde de inscrición. A data límite de inscrición é o 30 de setembro

A inscrición pódese facer polos seguintes medios, enviando nome e apelidos, enderezo e teléfono de contacto:

  • Por correo electrónico cfo@tui.gal
  • Por teléfono no 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00  h de luns a venres ou no 670 24 56 33
  • Presencialmente no Centro Municipal de Formación de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres